ラベル en galego の投稿を表示しています。 すべての投稿を表示
ラベル en galego の投稿を表示しています。 すべての投稿を表示

2015年5月27日水曜日

Contos da miña terra

de Rosalía de Castro. Regaloume este exemplar o propio tradutor. Moitas grazas, Takiño. O seu título dá a entender que é unha colección, pero trátase dun só conto. Así que o lin nun par de viaxes no tren de volta do traballo.



A dicir verdade, a tradución deixa moito que desexar, pero iso non lle quita o mérito que ten esta publicación. É unha edición bilingüe, é dicir, co texto orixinal. Nun país onde case non coñece ninguén a Rosalía, é inmensamente de agradecer podermos acceder á súa obra en ambos os dous idiomas.

O conto gustoume. «O conto do que Rosalía parte [...] era desde a súa orixe un conto misóxino. O conxunto das alteracións efectuadas sobre a base do conto popular traballan nunha dirección non estritamente recreadora, senón rompedora: darlle un papel novo á muller no conto e pór de relevo unha lectura feminista do mesmo («Limiar» da esta edición, escrito por Anxo Angueira, p. 9)». Gustoume o conto precisamente porque tiven a mesma impresión.

2014年5月2日金曜日

Numbers

É a aplicación de folla de cálculo que traía instalada o Mac que comprei en marzo. Abondábame con LibreOffice ou Excel, que tamén instalei, pero xa que estaba aí, decidín probala.

Ao principio, parecíame que non me ía servir para uso diario, porque non tiña macros (en BASIC ou similares). Con LibreOffice usaba macros que eu mesmo escribira para automatizar pequenos quefaceres rutineiros. E facer todas esas cousas á man... Pero pronto deime conta de que iso se podía facer mediante Applescript. Aínda que esta linguaxe de programación non me atrae moito, algo sei dela e, despois de consultar páxinas que tratan dela, producir mensaxes de erro e falar en voz alta comigo mesmo, á fin dei escrito o que necesitaba para traballar.

Así pois, agora utilizo Numbers en vez de LibreOffice. Non cambiou nada, practicamente. Sigo a facer o mesmo traballo cunha aplicación distinta pero que me serve igual. Hai, non obstante, unha cousa que me chama a atención: se pechas un documento modificado (sen antes gardar a modificación), a aplicación péchao sen che preguntar nada; e, cando o reabres, ves que o documento está no estado no que estaba, ou sexa, os cambios que non gardaches gardouchos a aplicación. É un comportamento raro para min, acostumado a outras aplicacións que che preguntan se queres gardar ou non as modificacións que fixeches. Ao principio non entendía o que pasaba.

Aquí hai unha diferenza grande, diría que cultural. Deime conta tamén de que o mesmo fan outras aplicacións que veñen con Mac (Pages, Keynote, TextEdit, Preview...). Ademais, están equipadas de control de versións: podes tornar a estados anteriores do documento. Aínda non sei se isto me axuda ou me sobra, pero non deixa de ser interesante.

2014年1月26日日曜日

Cafetaría

最近、用事で何度か湯島の辺りを歩くことになった。本郷から湯島にかけて、けっこう昭和の香り (と言っても僕の知っている昭和後期のことだが) がして、個人経営らしい喫茶店がモーニングセットを出したりしている。湯島天神のすぐ近くにある店に昼前に入ると、木の壁や椅子テーブルで、本格的なコーヒーを出す格好いい喫茶店の記憶がよみがえる。しかもかかっている音楽はジャズだ。ブレンド400円を飲んでみるが、きちんと淹れた真面目なコーヒーだ。もうドトールで充分だ、などと思っていた自分を叱り反省する。後から入って来た2人のオヤジがタバコを吸い始め、あぁあ、でもコーヒーとタバコというのはカッコつけのアイテムとして分ちがたく結びついていたのだよな、と思い直す。ところが、火をつけたように見えたのに煙りもにおいも漂ってこない。結局吸わなかったのか。それとも、ちょっと吸ってすぐに消したのか。以前はそんな吸い方をする人を結構見たものだが、だとしたら、最近多い、火のついたタバコを隣や後ろの席に向けて構え、見ず知らずの人と煙を共有したがる傾向とは一線を画した吸い方だ。まあ、これは過去を美化しすぎかも。

さて、ガリシア語の規範では cafetaría と cafetería の両方が認められているが、前者がおすすめの形だ: «A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución (RAG 2012: §9.20, 66)». でも、実際には後者が多いようだ: «A solución -ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego moderno, polo que se admite así mesmo como normativa (idem: 67)».

ポルトガル語でも、基本的には -aria がおすすめのようだ (livraria, carpintaria)。しかし、この語に関しては、ブラジルでは cafeteria らしい。ポルトガルで出た大きな辞書には «cafetaria, cafeteria (Bras.) [...], [...]. s. f. (Do cast. cafeteria) (Academia das Ciências de Lisboa 2001) とある。ブラジルの大きな辞書、たとえば Aurélio (2009, 4.a) には cafeteria しか出ていない。これがカスティーリャ語からの借用語だとすれば、小さな辞書にはどちらも載っていないことも説明がつく。

O outro día entrei nunha cafetaría que me lembraba moito os tempos de Showa (que durou desde decembro de 1926 ata xaneiro de 1989, e só me refiro aos que coñezo, dos anos 60, 70 e 80). Pedín un café normal e tomeino cunha grata sorpresa. Si, era un café ben feito, algo que ultimamente non podes dar por suposto. Polo barrio de Yushima, aínda hai paisaxes showaescas, con cafetarías supostamente deste tipo, non de cadeas coma Starbucks ou similares.

En galego, a forma cafetaría é a preferida pola norma, aínda que se admite tamén cafetería. En portugués, o sufixo normativo parece ser -aria (livraria, por exemplo), polo que se espera a forma cafetaria. Úsase, sen embargo, cafeteria en Brasil: así se especifica no dicionario da Academia das Ciências de Lisboa. Tamén leo aí que cafetaria / cafeteria é un préstamo do castelán. Non ten nada de sorprendente, pero pregúntome: antes de importaren esta palabra, como chamaban os portugueses e brasileiros ao «estabelecimento onde se serve café»?

Academia das Ciências de Lisboa, 2001, Dicionário da língua portuguesa contemporânea, Verbo.
Ferreira, Aurélio Buharque de Holanda, 2009, Novo dicionário Aurélio da língua portuguesa, 4.a, Positivo.
Real Academia Galega, 2012, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 23.a, Galaxia.

2013年12月31日火曜日

Disco de lousa

Os discos de lousa (discos de pizarra en castelán) teñen unha capacidade sorprendente para almacenar rexistrado o son profundo do cante. Cando se reproduce cun gramófono, é dicir, cunha máquina que non precisa de electricidade para funcionar, a voz sae moi natural, enérxica, con mil matices, mellor que cando a escoitas nun CD. Esta afirmación debe sorprender moita xente, pero é pura verdade.

Antonte (29 de decembro de 2013), reunímonos uns afeccionados na casa dunha amiga para escoitar discos de lousa: Lola Cabello, Carmen Amaya, Canalejas de Puerto Real, El Chaqueta, Juan Varea, Manolo Vargas, Paco Isidro, Manual Torre, Aurelio, Chacón... Foi un luxo. Impresionoume a enerxía de Aurelio, a arte de Chacón, a liberdade de El Chaqueta... Tamén a profunda beleza da guitarra de Ramón Montoya.

Se non coñeces o son de discos de lousa, non dubides en escoitalo cando se che presente a ocasión. Ao mellor a primeira vez non che parece tan bo, pero irás descubrindo este marabilloso mundo do son da primeira metade do século pasado.

SP盤レコードというのは20世紀前半主流だった媒体だが、今は針が物理的に接触して音を拾う形式のレコードを見たこともない人も多いだろうから、それがすばらしい音を出すと力説してもピンと来ないかもしれない。でもSPに取って代わったLPは、今でも一部では使われているし、新しい録音でもLPにしたりすることがある。CDでは出ていた録音が「初のLP化!」とか宣伝されたりしているのを見たこともある。これはCDよりもLPの方が音が良いと思う人たちがいて、それがマーケットとして成り立つということの表れだ。

20世紀前半のカンテを味わうためにはSPレコードを機械式の (つまり再生に電気を使わない) 蓄音機で聞くのが一番だ。CD復刻盤でもある程度良さは分かるが、録音と生演奏の違いぐらいの差がある。声の自然さは本当に印象的で、最近録音されたCDなんかよりも良いんじゃないかと思えるものも多い。

僕自身はSPも蓄音機も所有していないので、いつでも聞けるわけではない。一昨日、友人宅に何人かで集まって久しぶりにカンテのSPを聴いた。CD復刻盤で知っている演唱だと、むしろ驚きというか発見が多い。アウレリオの骨太な熱唱は心底素晴らしいし、チャコンの上手さには改めて脱帽するし、マノロ・バルガスの巧まざるといった調子の歌い口もこりゃ真似できないと思うし、マヌエル・トーレのカンパニジェーロも本気で歌ってるのが分かるし、最近「発見」したラモン・モントージャの凄さはやっぱり凄い。

N. B.: As dúas versións, galega e xaponesa, son textos diferentes, aínda sendo parcialmente coincidentes no contido.

2013年12月26日木曜日

Xantar ao sol


O día 24 de decembro xantei fora, quero dicir ao sol, cuns colegas. Como estaba pechado o comedor onde adoitamos xantar, mercamos obentos nun conbini e sentamos nuns bancos que había ao lado da Ágora. Non estaría mal facelo de cando en vez.

Case inevitablemente, falamos do Nadal. Preguntáronme como pasaba o Nadal cando era neno, e contei que á miña casa non viña Papá Noel nin os Reis Magos. Os meus pais xustificaban o feito dicindo que non eramos cristiáns. Comprabamos, iso si, unha torta e comiámola na casa.

Non sei ata que punto os meus pais eran conscientes, pero creo que foi unha boa educación que recibín deles. Cadaquén é cadaquén, e non tes que preocuparte do que fan ou din os demais. Tamén me lembro de que, cando era neno, eu creía que a miña familia era pobre. Ou, así debían de dicir os meus pais. En realidade, levabamos unha vida modesta pero nunca nos faltaba nada esencial. O que facían os meus pais era aforrar e facer posible que os seus tres fillos, as miñas dúas irmás e mais eu, estudasen na universidade (un deles ata o máster). Nunca lles estarei dabondo agradecido.

Non, non lles dixen todo isto aos meus colegas. Só falei dos Reis Magos e da torta que comiamos. A conversación ao sol, tan agradable, tróuxome á memoria estas cousas que comentei. Non estaría mal facelo de cando en vez, non?

N. B.: Xantar, en galego, significa «comer ao mediodía», mentres que jantar, en portugués, «tomar uma das principais refeições diárias ao fim da tarde ou no início da noite».

2013年2月20日水曜日

Novas voces enredadas


Aquí retomo as Voces Enredadas, que por certo estaban abondo desenredadas. Gárdoas noutro sitio e comezo de novo, pero a idea é a mesma: escribir cousas que se me ocorran nun idioma que me guste. Non vai ser unha páxina plurilingüe no sentido de atopárense distintas versións en cada lingua para cada texto, non. Este, por exemplo, non o vou repetir en ningunha outra lingua (algunhas ideas seica si). Así que poida que ás veces entendas perfectamente e outras non tanto.

Ah, este idioma no que estou a escribir é o galego. Lindo, non?

(Advírtoche que non o domino; atoparás moitos erros...)